A finais do mes de marzo os alumnos de cuarto de Primaria fixeron unha visita ao Concello. Na porta recibiunos o Sr. Alcalde que, primeiramente, os convidou a entrar no salón de plenos para simular unha sesión.Fíxolles unha proposta para debater sobre dous temas; un saíu aprobado por unanimidade e o outro quedou posposto.
Logo visitaron as distintas dependencias municipais explicándolles o funcionamento das mesmas.
Neste segundo trimestre, José María López Ferro, o mestre responsable do Museo Etnográfico Monte Caxado, acompañounos e explicounos na visita que os alumnos de 5º e 6º realizamos para coñecer os distintos e interesantísimos apartados que neste museo hai.
Dentro das actividades de conmemoración do Mes do Libro, os alumnos de 5º e 6º de primaria asistimos a unha animación do libro O castañeiro de abril, realizada polo autor do mesmo, Antonio Manuel Fraga.
Pasamos un rato marabilloso porque Antonio Manuel explicounos moitas cousas e conectou moi ben con nós. Xa para rematar, asinounos os nosos libros.
As nenas e nenos de 2º fomos á Biblioteca Municipal no 2º trimestre. A bibliotecaria ensinounos as distintas salas que hai e ao que están adicadas. Na sala de infantil lemos poesías de distintos autores e creamos a nosa propia poesía. Sentímonos por un ratiño, poetisas e poetas. Pasámolo xenial!