A visita resultou moi interesante para os tres cursos que nos desprazamos ata alí. Coñecemos máis de cerca o mundo das abellas e a súa importancia, tanto polos produtos que nos ofrecen coma pola súa contribución á nosa alimentación a través da polinización.
martes, 17 de noviembre de 2015
VISITA Á CASA DO MEL
Como en anteriores ocasións, aceptamos gustosos a invitación que se nos fixo para visitar a Casa do Mel.
A visita resultou moi interesante para os tres cursos que nos desprazamos ata alí. Coñecemos máis de cerca o mundo das abellas e a súa importancia, tanto polos produtos que nos ofrecen coma pola súa contribución á nosa alimentación a través da polinización.
A visita resultou moi interesante para os tres cursos que nos desprazamos ata alí. Coñecemos máis de cerca o mundo das abellas e a súa importancia, tanto polos produtos que nos ofrecen coma pola súa contribución á nosa alimentación a través da polinización.
martes, 28 de abril de 2015
Os nosos murais
Como nos gusta traballar xuntos!
Cústanos aínda un pouquiño organizarnos e poñernos de acordo; pero cada vez imos facéndoo mellor.
PAREADOS PARA O OUTONO
OS NOSOS MINIONS PARA O ENTROIDO
Cústanos aínda un pouquiño organizarnos e poñernos de acordo; pero cada vez imos facéndoo mellor.
PAREADOS PARA O OUTONO
OS NOSOS MINIONS PARA O ENTROIDO
A NATUREZA
A NOSA LINGUA, NOSA LITERATURA...ROSALÍA !
lunes, 27 de abril de 2015
VISITA AO NOSO CONCELLO
A finais do mes de marzo os alumnos de cuarto de Primaria fixeron unha visita ao Concello. Na porta recibiunos o Sr. Alcalde que, primeiramente, os convidou a entrar no salón de plenos para simular unha sesión.Fíxolles unha proposta para debater sobre dous temas; un saíu aprobado por unanimidade e o outro quedou posposto.
Logo visitaron as distintas dependencias municipais explicándolles o funcionamento das mesmas.
miércoles, 15 de abril de 2015
Visita ao Museo do Monte Caxado
Neste segundo trimestre, José María López Ferro, o mestre responsable do Museo Etnográfico Monte Caxado, acompañounos e explicounos na visita que os alumnos de 5º e 6º realizamos para coñecer os distintos e interesantísimos apartados que neste museo hai.
Amosámosvos algún dos momentos da nosa visita.
Animación á lectura
Dentro das actividades de conmemoración do Mes do Libro, os alumnos de 5º e 6º de primaria asistimos a unha animación do libro O castañeiro de abril, realizada polo autor do mesmo, Antonio Manuel Fraga.
Pasamos un rato marabilloso porque Antonio Manuel explicounos moitas cousas e conectou moi ben con nós. Xa para rematar, asinounos os nosos libros.
Aquí tedes algún destes momentos:
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
As nenas e nenos de 2º fomos á Biblioteca Municipal no 2º trimestre. A bibliotecaria ensinounos as distintas salas que hai e ao que están adicadas.
Na sala de infantil lemos poesías de distintos autores e creamos a nosa propia poesía. Sentímonos por un ratiño, poetisas e poetas.
Pasámolo xenial!
Na sala de infantil lemos poesías de distintos autores e creamos a nosa propia poesía. Sentímonos por un ratiño, poetisas e poetas.
Pasámolo xenial!
Visita a Radiotelevisión local
A finais do mes de marzo, os alumnos de cuarto de Primaria acudiron ás instalacións da radio e televisión da nosa localidade.
Alí gravaron un programa sobre o Entroido en Galicia.
ROTEIRO POLA VILA
No pasado mes de marzo, os alumnos de 3º de primaria fixemos unha saída polo casco histórico da nosa localidade.
Vimos restos do noso pasado e descubrimos elementos medievais que aínda se conservan.
Tamén pasamos ao carón dos ríos Eume e Chamoselo, onde puidemos observar distintas pontes e algún muíño que tamén forman parte do noso patrimonio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)